No imaxinario colectivo, ir a unha clínica asóciase con espazos fríos e non moi agradábeis.
Para a clínica de Marina, situada na vila de Boiro, quixemos rachar con esa idea. Como base do proxecto utilizamos a cor lilá nas suas diferentes tonalidades, na pintura, e no espazo de recepción.
Como contraste, o amarelo emerxe nalgúns elementos como os azulexos e móbeis, expresamente deseñados para a clínica seguindo a mesma liña tanto nos espazos de traballo como nos de despacho.