Pequeno apartamento

Share on facebook
Share on twitter
Share on google
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email
Pódese vivir con comodidade en pequenos apartamentos. Aquí adaptámolos ás necesidades e estilo de vida dunha muller actual.
Un orzamento moi limitado foi a condición principal que colocou a clienta para reformar este apartamento de 45 m2 que quedara moi desactualizado e pouco práctico. O obxectivo era simple: sentirse a gusto na casa, vivir ben en poucos metros.

a solución

Ao facer o proxecto da reforma deste apartamento cun orzamento moi limitado pensouse sobre todo en adaptalo ás necesidades da persoa que ía facer uso del. Eliminouse, así, algún tabique e elementos antigos, mantivéronse outros como os móbeis e electrodomésticos baixo a encimeira da cociña, e intervíronse outros como as portas e o pavimento.

O espazo consta de 45m2 distribuídos en zona de estar con cociña integrada, dormitorio, estudo e baño.

Para dar a sensación de amplitude e para integrar os espazos utilizouse como cor dominante o branco, permitindo destacar o gris e o fucsia que conforman a composición e fan a estancia máis luminosa.

Elimináronse móbeis prescindíbeis para que o espazo ficara máis despexado e deseñáronse elementos como o moble suspendido da cociña que se pintou da mesma cor que a porta corredoira da entrada.

Tamém se utilizou algún clásico do mobiliario de deseño como a estanteria Metro, a cadeira de Eames fabricada por Vitra e a Lampada Tolomeo de Artemide.

Falemos do teu proxecto

Se estás a pensar en transformar o lugar onde vives ou traballas ou a maneira de presentar o teu produto ou servizo, asesórate connosco. 

Clic para ampliar

Fotografías: Santos-Díez

Falemos do teu proxecto

Se estás a pensar en transformar o lugar onde vives ou traballas ou a maneira de presentar o teu produto ou servizo, asesórate connosco. 

Contacto rápido

Envíanos a túa consulta e porémonos en contacto contigo o antes posible.