casiña na carballeira

Share on facebook
Share on twitter
Share on google
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email
Apenas 60m2 de planta, nun só andar, e unha vivenda por construír. 
En Santiago de Compostela, moi perto da carballeira da San Lourenzo, atópanse amoreadas un grupo de casiñas de construcción e materiais moi humildes. A nosa obra tería que enfretarse a unha desas casas.

a solución

Partimos dun esquema distributivo elemental de corredor central e habitacións aos lados, co oco da escaleira como condicionante para desenvolver o proxecto. A zona estar de día e a cociña situámola na parte traseira da casa para crear unha relación directa co patio e estender así a súa espacialidade.

O interiorismo fíxose de acordo coa tipoloxía da casa, con materiais sinxelos pero de calidade, mantendo elementos como as portas orixinais, agora restauradas, e utilizando a cor branca como base sobre a que engadir algún tono vivo de contraste.

O resultado é un espazo acolledor, cómodo e habitábel que parece máis grande do que realmente é. 

Falemos do teu proxecto

Se estás a pensar en transformar o lugar onde vives ou traballas ou a maneira de presentar o teu produto ou servizo, asesórate connosco. 

Clic para ampliar

Fotografías: O Antídoto

Falemos do teu proxecto

Se estás a pensar en transformar o lugar onde vives ou traballas ou a maneira de presentar o teu produto ou servizo, asesórate connosco. 

Contacto rápido

Envíanos a túa consulta e porémonos en contacto contigo o antes posible.