No imaxinario colectivo ir a unha clínica, asóciase con espazos fríos e nom moi agradábeis e se teñen relación coas saúde bucal aínda máis.

Para a clínica de Marina, situada na vila de Boiro quixemos rachar con esa idea, como base do proxecto utilizamos a cor lilá nas suas diferentes tonalidades tanto na pintura, recepción e imaxe corporativa.

Como contraste con esta cor lilá e que o ambiente nom quedara moi plano incorporamos o amarelo nalgún elemento como os azulexos e móbeis que foron expresamente deseñados para a clínica seguindo a mesma liña tanto nos espazos de traballo como os do despacho.

  • proxecto clínica ortodoncia 111 m2, ano 2011
  • localización Boiro
  • deseño Antonia Maio