Deseñar e crear
espazos para vivir aquí

O Antídoto é un estudio de deseño de espazos e ambientes creado por Antonia Maio, interiorista con anos de experiencia no sector e cun longo historial de traballos que falan por si mesmos. 

Mais O Antídoto é tamén unha filosofía de traballo. Dámoslle voltas a cada proxecto coa paixón de quen ama o que fai e baixo o principio inconformista de obter sempre o máximo de cada espazo no que nos involucramos. 

Traballamos en clave galega, combinando as formas populares e tradicionais do país coas fórmulas do deseño máis actual e poñendo en valor os materiais de proximidade. E facémolo ademais coordenando o extraordinario equipo de profesionais cos que traballamos no día a día.

Contacto rápido

Envíanos a túa consulta e porémonos en contacto contigo o antes posible.