Apartamento

Se non atopas nada agradábel fóra trata de buscalo dentro. Este apartamento situado na rúa de Salamanca en Santiago, unha rúa estreita con edificios a un lado e a outro e con vivendas con pouca luz natural, foi reformado de xeito que o espazo se poida ler dunha soa mirada. De pequenas e múltiples habitacións fixemos espazos amplos, luminosos coloristas e funcionáis, así os innumerábeis habitáculos sintetizáronse en cociña estar e duas habitacións. Na zona de estar, túmbaste no sofá, sentaste a comer na mesa, preparas unha viaxe…, todo é apto para todo.

  • proxecto vivenda 80 m2, ano 2014
  • localización Compostela
  • deseño Antonia Maio