Apartamento Jlo

Ao facer o proxecto da reforma deste apartamento cun orzamento moi limitado pensouse sobre todo en adaptalo ás necesidades da persoa que ía facer uso del, así eliminouse algún tabique e elementos antigos, mantivéronse outros como os móbeis e electrodomésticos  baixo encimeira da cociña, e intervíronse outros como as portas e o pavimento.

O espazo consta de 45m2 distribuídos en zona de estar con cociña integrada, dormitorio, estudo e baño.

Para dar a sensación de amplitude e para integrar os espazos utilizouse como cor dominante o branco, ao ser unha cor neutra aplicouse nunha extensión maior e así facer destacar o gris e o fucsia que conforman a composición e fan a estancia máis luminosa.

Elimináronse móbeis prescindíbeis para que o espazo ficara máis despexado e deseñáronse elementos como o moble suspendido da cociña que se pintou da mesma cor que a porta corredoira da entrada.

Tamém se utilizou algún clásico do mobiliario de deseño como a estanteria metro, a cadeira de Eames fabricada por Vitra e a Lampada Tolomeo de Artemide.

Pequenos apartamentos, poucos metros adaptados ao estilo de vida dunha muller actual.

  • proxecto vivenda 40 m2, ano 2012
  • localización Ames
  • deseño Antonia Maio
  • coordinación obra Antonia Maio