carnicería Ferro

Varias xeracións da familia Ferro, levan traballando a carne e prestando un servizo e un producto de calidade, que non se vía reflexado no seu local.

Así o deseño e a reforma pon en valor unha carnicería de alta calidade para comprador*s que se preocupan do que compran e onde o compran.

O espazo de 36 m2, dispúxose en dúas zonas: zona atención ó público – escaparate e zona de obradoiro – cámaras frío, ésta última preservada visualmente.

Na zona principal de atención ó público, colocáronse todo-los elementos para que fora propicia a venda, cámara expositora, estanterías de producto gourmet, mobles para carne e unha pequena zona para o bacallau, conforman esta zona.

Os materiais empregados, están pensados pola súa funcionalidade e para resaltar a cor da carne, azulezos brancos, chan de pedra natural e o negro dos teitos,  tamén utilizamos a madeira en algúns elementos para darlle un toque rústico e natural .

Na marca gráfica tamén quixemos poñelo acento nun nome que ten unha traxectoria de máis de 50 anos,  deseñando  un logotipo contundente.

Un espazo atemporal, que se caracteriza pola sinxeleza e centra a súa atención no producto.

  • proxecto Deseño e reforma local alimentación
  • localización Compostela 2017
  • deseño e escaparatismo O antídoto
  • fotografía La Diapo