Casa do Río

Share on facebook
Share on twitter
Share on google
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email
Á beira do río Ulla, moi perto da ponte romana de Pontecesures e en pleno camiño de Santiago, atopase a Casa do Río, unha sólida casa tradicional vilega de cantaría que funciona como hospedaxe.
O reto — devolver a esta casa a súa vella personalidade — era claro. Os condicionantes tamén: era imposible recuperar no interior o estilo do tempo que fora construida, xa que o único perservado era a envolvente exterior de pedra. E pesaba tamén un inharmónico histórico de reformas que deixara como resultado un interior escuro e pouco funcional.

a solución

Con un orzamento moi limitado, optamos por dar toda a importancia á restauración. A idea era dar a todos os elementos unha segunda oportunidade ás cadeiras, as mesas aos tallos ou ao moble de recepción.

Rebaixamos tamén o ton das paredes, empregando un branco capaz de alixeirar visualmente o ambiente, xa que os teitos non son moi altos. 

E, finalmente, reformulouse a zona de exposición e venta de productos — moitos deles de fabricación propia — coa idea central de que funcionase, ao mesmo tempo, como autoservizo para o almorzo e como elemento separador da zona de paso.

O resultado foi un espazo que se percibe de maneira completamente diferente, máis harmoniosa e serena e, sobre todo, con máis personalidade, sen un grande investimento.

Falemos do teu proxecto

Se estás a pensar en transformar o lugar onde vives ou traballas ou a maneira de presentar o teu produto ou servizo, asesórate connosco. 

Clic para ampliar

Fotografías: Sue Rainbow

Falemos do teu proxecto

Se estás a pensar en transformar o lugar onde vives ou traballas ou a maneira de presentar o teu produto ou servizo, asesórate connosco. 

Contacto rápido

Envíanos a túa consulta e porémonos en contacto contigo o antes posible.