Dinahosting

Share on facebook
Share on twitter
Share on google
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email
Para Dinahosting realizamos un deseño único, de grande potencia visual e personalidade, e intimamente ligado á imaxe de marca que xa existía.
O lugar escollido para albergar o novo lugar de traballo para Dinahosting era un vello ximnasio no barrio das Salvadas en Santiago de Compostela de 800m2 distribuidos en dous andares. Nunha primeira toma de contacto cas clientas, xa nos demos conta que non serian unhas oficinas ao uso, unha empresa xoven de gran proxección internacional adicada ás novas tecnoloxías precisaba dun lugar acorde co seu modus operandi, espazos amplos, boa iluminación e materiais de fácil mantemento.

a solución

O lugar escollido para albergar o novo lugar de traballo para Dinahosting era un vello ximnasio no barrio das Salvadas en Santiago de Compostela. 800m2 distribuidos en dous andares e todo por facer.

Nunha primeira toma de contacto cas clientas, xa nos demos conta que non serían unhas oficinas ao uso. Unha empresa xoven de gran proxección internacional adicada ás novas tecnoloxías precisaba dun lugar acorde co seu modus operandi, espazos amplos, boa iluminación e materiais de fácil mantemento.

Queriamos dar unha imaxe mais distendida ao ambiente de traballo, que o espazo levara ao diálogo e así impulsar outras dinámicas de traballo. A posibilidade de utilizarmos de contentores industriais, tan apetecíbeis  estética como conceptualmente, ao mesmo tempo robustos para un alto tránsito, marcou definitivamente o carácter do espazo.

Os 400m2 de cada andar distribuímolos adicando a planta baixa para oficinas e o soto a usos sociais da empresa: sala de reunións, auditorio,  cafetaría e sala de exposicións.

Nun primeiro momento pensamos en reciclar antigos contentores industriais. Pero, dada a distribución de soportes, abrir a fachada para introducilos, os custos da viaxe, etc. leváronnos a optar por construílos in situ. Isto ofreceu, ao mesmo tempo, a posiblidade de usarmos a chapa ondulada como paramento en determinadas zonas. O espazo de oficina funciona, así, como un almacén industrial, cunha zona de contentores amoreados que albergan despachos privados e outra zona más diáfana dedicada ao soporte telefónico, recepción e zonas de tránsito.

As características estructurais do local presentaban unha disposición de piares centrais desaliñados que dificultaba una disposición reticular dos novos espazos. De aí a disposición oblícua dos elementos, xerando por esa vía percorridos mais suxestivos.

A recepción concibiuse como un módulo exento e de liñas suaves que contrasta coa dureza e austeridade do resto dos materiais, nunha complexa construción en Pladur lacada en branco e co laranxa corporativo como referencia visual.

Isto todo deu como resultado un espazo cun deseño potente, único, de grande personalidade e moi consistente coa imaxe de marca que xa existía. 

Falemos do teu proxecto

Se estás a pensar en transformar o lugar onde vives ou traballas ou a maneira de presentar o teu produto ou servizo, asesórate connosco. 

Clic para ampliar

Fotografías: Santos-Díez

Falemos do teu proxecto

Se estás a pensar en transformar o lugar onde vives ou traballas ou a maneira de presentar o teu produto ou servizo, asesórate connosco. 

Contacto rápido

Envíanos a túa consulta e porémonos en contacto contigo o antes posible.