Sede de Esquerda Unida

Share on facebook
Share on twitter
Share on google
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email
Actualizar a estética dun local multifuncional pode acabar deixando unha sensación de frialdade, ou pode acabar ben.
Tratábase de reorganizar o espazo de referencia desta organización na cidade de Santiago, e de facelo baixo o patrón dunha usabilidade diversa e cambiante, sen o converter nun lugar frío e desapaixonado.

a solución

Transformar a sede de Esquerda Unida foi o encargo que nos fixeron dende este partido,  que ten o seu local situado no barrio compostelán de Fontiñas.

O local presentaba unha estética desfasada con espazos descompensados polo que non cumpría a súa función.

Plantexamos unha nova distribución dos espazos, onde as traballadoras se sentisen máis cómodas e tamén facilitase os diferentes usos, roldas de prensa , reunións…

Deseñouse na entrada un espazo de espera, reunión e relaxamento con un expositor para o material corporativo e un  panel informativo das actividades da organización, este punto de encontro enlaza con un corredor que serve de eixe para a distribución das diferentes oficinas e salas; unha delas, a de maior tamaño conta con un sistema de portas deslizantes que permiten dividir o espazo,  tendo maior flexibilidade e aproveitamento dependendo do número de persoas que se xunten; esta dependencia tamén serve para organizar as roldas de prensa do partido.

As paredes que conforman o bloque central do local foron pintadas nunha tonalidade escura para crear unha sensación de continuidade espacial e mimetizar as portas de acceso.

Estudiouse a iluminación precisa para cada espazo: a sala de prensa leva un tratamento especial; nos despachos de administración a iluminación é máis técnica para uso de oficina e nos espazos comúns utilizouse unha iluminación máis ambiental,  ésta vai pintada da cor vermella que representa o partido.

O resultado foi  un ambiente actual e de equipo que está moi presente neste proxecto.

Falemos do teu proxecto

Se estás a pensar en transformar o lugar onde vives ou traballas ou a maneira de presentar o teu produto ou servizo, asesórate connosco. 

Clic para ampliar

Fotografías: La Diapo

Falemos do teu proxecto

Se estás a pensar en transformar o lugar onde vives ou traballas ou a maneira de presentar o teu produto ou servizo, asesórate connosco. 

Contacto rápido

Envíanos a túa consulta e porémonos en contacto contigo o antes posible.