Fábrika Fan

De espírito vibrante, estilo informal,  irreverente, Fábrika Fan é unha tenda de roupa, música, libros, cosmética…situada na Rúa Orfas en Compostela. 

Detrás da fachada orixinal con dúas portas de entrada, unha ampla área de exposición convida a moverse libremente con algún pequeno espazo de acochegamento.

 Temos que destacar o protagonismo da estructura metálica lacada en verde que percorre toda a tenda e fai de colgadoiros ou de estantes expositores, ésta crea o ritmo que se repite en todo o local e unifica o ambiente.

 A zona de servizos situouse ao fondo da tenda, os probadores tamén son un espazo de experiencias, onde en cada cabina poden entrar un grupo de persoas que saen a mercar xuntas. 

Algunhas paredes manteñen as marcas de outras reformas que alí aconteceron, utilizamos mobiliario que orixinalmente tiña outro uso, como un carriño de cargar, transformado en colgador e asento para probar calzado. 

Todo isto fai de Fabrika Fan un espazo con personalidade e identidade de sobra. 

  • proxecto Deseño tenda
  • localización Compostela 2018
  • deseño O Antídoto
  • fotografía La diapo