A taberna

A caída de parte do entramado taurino, e o cada vez menor interés da cidadanía galega  por este espectáculo  fai que os locais relacionados cos toros tamén decaian.

Este é un proxecto para una antiga taberna taurina situada na zona antiga de Pontevedra,  estudouse o espazo mantendo a carpintería exterior existente e no interior tratouse de  recuperar o carácter e a sinxeleza das tabernas tradicionais deixando o espazo diafáno e situando a cociña ao fondo,  recuperaronse elementos  como o cristal das mamparas, o cemento impreso ou as cuncas , e introduccironse outros máis actuáis como o mobiliario.

Unha das paredes sen tratar e o formigón danlle unha estética bruta e improvisada.

  • proxecto reforma local para taberna 90m2, ano 2015
  • localización Pontevedra
  • deseño Sabela Liñeira - Antonia Maio