Ver a ría

Se non queremos ter unha paisaxe urbanística en permanente crise temos que afrontar o desafío de repensarmos e afrontar as construcións das últimas décadas. Fixemos o proxecto de rehabilitación dunha construcción dos anos 80 cunha segunda planta e un baixo cuberta escuro e lúgubre pero con unha paisaxe circundante excepcional. Unha vivenda situada na ria de Muros a 10 metros do mar.

O proxecto levouse a cabo para unha moza e un mozo desta vila, fíxose a intervención tendo en conta as súas necesidades e gostos.

No proxecto comunicáronse os dous andares cunha escaleira máis ampla e a planta baixocuberta, na que se acristalou todo o frente para deixar entrar a paisaxe e a luz natural, ocupouse coa zona de estar con cheminea e con acceso á terraza para poder gozar das vistas, as demais estancias situaronse na planta baixa.

  • proxecto vivenda 2 andares 160 m2, ano 2013
  • localización ría de Muros
  • deseño Antonia Maio
  • render Javier Quinteiro