Aviso legal

En cumprimento co disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, a continuación detállanse os datos identificativos da empresa

Datos da empresa

Nome da empresa: O Antídoto
Sitio web: https://oantidoto.com
Razón social: O Antídoto Interiorismo S.L.U.
NIF: B70561477
Dirección: Rúa Galeras 13, baixo 5, 15705 Santiago de Compostela
Contacto: contacto@oantidoto.com

Finalidade desta páxina web

A finalidade desta web é a de publicar e publicitar os traballos e proxectos, así como os servizos que ofrecemos en O Antídoto. Para isto, usamos imaxes realizadas ou tomadas pola propia empresa ou por empresas coas que colaboramos.

O acceso a esta páxina web é responsabilidade exclusiva das usuarias, e implica a aceptación e coñecemento das advertencias legais, condicións e termos de uso correspondentes.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual do contido deste sitio web, o seu deseño gráfico e códigos son de titularidade de O Antídoto Interiorismo S.L.U. Xa que logo, queda prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade que se poida exercer sobre este material sen consentimento expreso de O Antídoto Interiorismo S.L.U.

Contidos e ligazóns desta web

O Antídoto Interiorismo S.L.U. resérvase o dereito a actualizar, modificar ou eliminar información contida neste sitio web, sen previo aviso ou mesmo limitando o acceso a esa información a determinadas persoas usuarias. 

O Antídoto Interiorismo S.L.U. non asume responsabilidade ningunha pola información contida en sitios web de terceiras partes ás que se acceda a través da web https://oantidoto.com. Este tipo de ligazóns teñen unha finalidade simplemente informativa, e de ningún modo pode considerarse como suxestión, invitación ou recomendación sobre os mesmos, salvo que así se exprese de maneira clara e directa.