Como funciona
O Antídoto?

Modus operandi

Non é o mesmo redeseñar por completo un espazo comercial que crear un lugar para vivir. E tampouco son o mesmo os grandes proxectos que as pequenas reformas que ás veces son suficientes para producir mudanzas enormes. Mesmo así, no noso día a día seguimos un patrón de traballo que se repite e, alén dos pormenores, acabou por converterse no noso modus operandi. 

1. Punto de partida
Coñecermos as túas necesidades e o uso que queres dar a cada espazo para que se adapte ao teu estilo de vida ou ao teu negocio é o primeiro requisito e debería ser obrigatorio. Pero sabemos que non todo o mundo o fai. Antes de comezar a traballar no deseño visitamos o espazo para avaliar as súas posibilidades, o estado en que se encontra. E tamén falamos do orzamento de referencia, para evitar desilusións necesarias. Isto é o noso punto de partida.
2. Anteproxecto
Resolvemos os problemas que o espazo coloca, analizamos a distribución e propomos medidas para mellorar a circulación e potenciar a iluminación de cada un dos espazos. Tamén decidimos como intervir as paredes, chans e teitos, cunha proposta de materiais que se axusten ao teu orzamento.

Damos forma ao que será o novo espazo conxuntamente contigo, facéndote participe do proceso de creación para evitar sorpresa. E nunha fase de revisión faremos os cambios que consideremos conxuntamente.
Click Here
3. Proxecto
Nesta fase desenvolvemos en profundidade as ideas consensuadas do antproxecto e dámoslle forma plasmando os acordos: distribución do espazo, revestimentos, pinturas, azulexos, iluminación, grifería, sanitarios, mobiliario, etc.

Executamos todos os planos de estado actual, do estado reformado, de demolicións , albanelería, carpintería , instalacións, situación da iluminación, planos e alzados dos detalles constructivos necesarios. Asi como as imaxes 3D. Definimos ben todo, até o mínimo detalhe para obtermos o prezo real da obra.
Click Here
[ + Dirección de obra ]
Unha vez temos todo definido, proxecto e prezo pechado, determinados coa clienta o inicio da obra. Como servizo opcional, desde ese momento, encargámonos de organizar e planificar todos os traballos necesarios para executar o proxecto. Durante todo o proceso, mantémonos en contacto permanente coas profesionais que interveñen, establecemos periodicamente visitas para seguir a evolución da obra e supervisamos e controlamos o progreso dos traballos e a súa adecuación ao deseño acordado.
Click Here
Previous
Next

Preguntas frecuentes
e falsas certezas

Os anos de experiencia no sector mostráronnos que hai preguntas que se repiten unha e outra vez. Pero tamén algunhas ideas falsas, moi ben asentadas no imaxinario colectivo, que convén desmentir.

Sabemos que un orzamento maior pon as cousas maís fáciles pero axustámonos a todo tipo de proxectos, por pequenos que sexa. Somos creativas. Se tes un orzamento axustado, sabemos priorizar. E poñemos todos os nosos recursos en acción para que cada euro investido na túa reforma sexa útil.

Sen sorpresas finais. A diferenza entre un espazo anódino e un ben deseñado non é económica. É de coñecementos e experiencia.

A idea de que se aforra prescindindo de profesionais con experiencia está moi estendida. Hai multitude de pequenos detalles que se escapan a un ollo non adestrado. Deseñamos, planificamos e supervisamos cada pormenor para evitar imprevistos e sobrecustos. E, ademais, esa experiencia permítenos anteciparnos a cada dificultade. Metéreste nunha obra sen saber realmente o que vas facer e o que che vai custar non soe saír ben. 

Non te preocupes, porque che vai gustar. E isto é así porque participarás no proceso de creación, para non levares sorpresa ningunha. Nunha fase de revisión e corrección poderás facer os cambios que consideres para chegar ao teu resultado ideal. 

Cada proxecto é diferente e único, e ten necesidades específicas.

Con todo, todos os nosos proxectos inclúen toda a documentación necesaria para comezar a obra: planos e alzados de albanelaría, carpintaría, instalacións, iluminación, detalles construtivos, infografías 3D para veres o resultado antes de comezar, e listado de materiais propostos.

Como servizo opcional tamén podemos realizar o orzamento detallado do que che custaría materializar o proxecto.