Levouse a cabo unha intervención total, conservando unicamente as cadeiras e as patas das mesas preexistentes.
Buscamos un ambiente acolledor, con personalidade e contemporáneo, incorporando varios puntos de cor para reforzar a identidade do espazo. Na sala, o banco corrido en verde domina as miradas, mentres que ao fondo situamos unha pequena barra con tallos e un recuncho máis intimista cunha mesiña baixa. A iluminación suave tamén foi estudada para conseguir un local agradábel e acolledor.
Na planta baixa, colgamos cadros das “Dúas Marías”, figuras moi recoñecidas e queridas da cidade, aportando un toque persoal e afectivo.
O resultado é un local funcional e estiloso, que reflicte a esencia do cliente, conecta co entorno universitario e urbano, acolle unha clientela diversa, veciñas, estudantes, visitantes… e invita a quedar, gozar e repetir.