Pequeno apartamento

Pódese vivir con comodidade en pequenos apartamentos. Aquí adaptámolos ás necesidades e estilo de vida dunha muller actual.
Un orzamento moi limitado foi a condición principal que colocou a clienta para reformar este apartamento de 45 m² que quedara moi desactualizado e pouco práctico. O obxectivo era simple: sentirse a gusto na casa, vivir ben en poucos metros.

a solución

Ao facer o proxecto da reforma deste apartamento cun orzamento moi limitado pensouse sobre todo en adaptalo ás necesidades da persoa que ía facer uso del. Eliminouse, así, algún tabique e elementos antigos, mantivéronse outros como os móbeis e electrodomésticos baixo o mesado da cociña, e interviñeronse outros como as portas e o pavimento.

O espazo consta de 45 m² distribuídos en zona de estar con cociña integrada, dormitorio, estudo e baño.

Para dar a sensación de amplitude e para integrar os espazos utilizouse como cor dominante o branco, permitindo destacar o gris e o fucsia que conforman a composición e fan a estancia máis luminosa.

Elimináronse móbeis prescindíbeis para que o espazo ficara máis despexado e deseñáronse elementos como o moble suspendido da cociña que se pintou da mesma cor que a porta corredoira da entrada.

Tamén se utilizou algún clásico do mobiliario de deseño como a estanteria Metro, a cadeira de Eames fabricada por Vitra e a Lámpada Tolomeo de Artemide.

Falemos do teu proxecto

Se estás a pensar en transformar o lugar onde vives ou traballas ou a maneira de presentar o teu produto ou servizo, asesórate connosco. 

Clic para ampliar

Fotografías: Santos-Díez

Falemos do teu proxecto

Se estás a pensar en transformar o lugar onde vives ou traballas ou a maneira de presentar o teu produto ou servizo, asesórate connosco. 

Contacto rápido

Envíanos a túa consulta e porémonos en contacto contigo o antes posible.