Dende o estudio deseñamos un ambiente que favorece a calma e a concentración, combinando materiais naturais como a madeira e utilizando iluminación indirecta integrada no mobiliario, que xeran sensación de acollida e serenidade.
O mobiliario foi pensado tamén para manter o orde, permitindo que o espazo se perciba sempre limpo e equilibrado. En zonas como os baños e os elementos de apoio, incorporamos a cor amarela, esta achega dinamismo e movemento ao conxunto, equilibrando a calma coa enerxía positiva que transmite.
O resultado é un centro que combina harmonía, vitalidade e funcionalidade, un espazo onde corpo e mente atopan o seu equilibrio.