Moble Cociña

Ás veces, os traballos de interiorismo céntranse en obxectos concretos dentro dunha estancia, deseñando, por exemplo, mobiliario para fins específicos.
É o caso desta intervención nunha cociña, que requiría un moble auxiliar que funcionase, ao mesmo tempo, como espazo de almacenamento e como pequeno office para un almorzo rápido, ou para compartir o café da mañá.

a solución

O deseño que realizamos está inspirado nos vellos chineiros tradicionais, conservando os habituais dous corpos dispostos verticalmente, e integrando ademais un mesado de apoio que estende a funcionalidade sen renunciar á referencia histórica.


Ademais, o deseño debía integrarse nun espazo que xa estaba deseñado, polo que optamos por empregar a cor da parede para toda a superficie — reforzando a continuidade visual — e por suspendelo, gañando comodidade e dando maior sensación de amplitude no limitado espazo dispoñíbel.


O resultado, alén da propia peza, é un recuncho acolledor que se integra completamente na cociña malia estar nun canto, incrementa a súa usabilidade.

Falemos do teu proxecto

Se estás a pensar en transformar o lugar onde vives ou traballas ou a maneira de presentar o teu produto ou servizo, asesórate connosco. 

Clic para ampliar

Fotografías: La Diapo

Falemos do teu proxecto

Se estás a pensar en transformar o lugar onde vives ou traballas ou a maneira de presentar o teu produto ou servizo, asesórate connosco. 

Contacto rápido

Envíanos a túa consulta e porémonos en contacto contigo o antes posible.