Interiorismo para vivir

Sexa un apartamento, unha casa, un piso ou un estudio, somos expertas en adaptarnos a todo tipo de espazos, axustando as nosas propostas ás necesidades e peticións de cada clienta, desde o asesoramento na distribución, ata a elección de materiais, pasando pola iluminación, o mobiliario, etc.

O noso é un servizo integral. Encargámonos de todo o necesario para que a reforma sexa un éxito.

  • Presentación

    Visitamos o espazo para avaliar e ver o estado no que se atopa. Falamos contigo, escoitamos as túas necesidades, os teus gustos e os teus obxectivos e con isto presentámosche un orzamento do proxecto de interiorismo.

  • Anteproxecto

    Realizamos as medicións do espazo e o estudo da distribución dos revestimentos da iluminación, dos materiais máis axeitados, do mobiliario, etc. E realizamos a previsualización do proxecto para podermos revisalo contigo e recoller posibles cambios.

  • Proxecto

    Realizamos todos os planos, estado actual, estado reformado, albanelaría, carpintaría, instalacións, iluminación, detalles construtivos. Realizamos imaxes 3D onde se ve a obra antes de comezar. E adxuntamos memoria descriptiva de todo o proceso, incluída a escolla de materiais, revestimentos, mobiliario, etc.

  • Servizos adicionais

    Orzamento valorado
    Orzamento valorado de todos os profesionais de diversos oficios que van a participar na obra.

    Dirección de obra
    Dirección de supervisión de todos os procesos que transformen o proxecto en realidade, desde o minuto 1 ata o momento de entrega.

Xa tes algún proxecto en mente?

Se estás a pensar en transformar o lugar onde vives para adaptalo ás túas necesidades e gosto ou o que tes é un espazo no que partir de cero, asesórate connosco. 

Contactar

Xa tes algún proxecto en mente?

Se estás a pensar en transformar o lugar onde vives para adaptalo ás túas necesidades e gosto ou o que tes é un espazo no que partir de cero, asesórate connosco. 

Contactar

Contacto rápido

Envíanos a túa consulta e porémonos en contacto contigo o antes posible.