Amañar a cociña, renovar o baño, escoller a pintura, elixir a iluminación, deseñar o salón, escoller ou deseñar mobles, etc. Isto é: calquera servizo miúdo e non tan miúdo que non sexa unha reforma completa.
Presentación
Visitamos o espazo para avaliar e ver o estado no que se atopa. Falamos contigo, escoitamos as túas necesidades, os teus gustos e os teus obxectivos e con isto presentámosche un orzamento do proxecto de interiorismo.
Anteproxecto
Realizamos as medicións do espazo e realizamos o deseño de acordo cos gustos e os requerimentos da clienta, atendendo ao tipo de obra menor que se queira facer.
Preparamos a previsualización do proxecto para podermos revisalo contigo e recoller posibles cambios.
Proxecto
Realizamos todos os planos necesarios para a obra menor.
Realizamos imaxes 3D onde se ve o aspecto final da obra antes de comezar. E adxuntamos memoria descriptiva de todo o proceso, incluída a escolla de materiais, revestimentos, mobiliario, etc.
Servizos adicionais
Orzamento valorado
Orzamento valorado de todos os profesionais de diversos oficios que van a participar na obra.
Dirección de obra
Dirección de supervisión de todos os procesos que transformen o proxecto en realidade, desde o minuto 1 ata o momento de entrega.
Xa tes algún proxecto en mente?
O interiorismo non é só cousa de grandes obras. Se estás a pensar nunha pequena reforma, asesórate connosco.
Envíanos a túa consulta e porémonos en contacto contigo o antes posible.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúas a usar este sitio asumiremos que estás de acordo.Estou de acordo