Política de privacidade e cookies

O Antídoto Interiorismo S.L. informa os usuarios e usuarias a respecto do tratamento de protección de datos de carácter persoal que poden ser recabados pola navegación ou contratación de servizos a través o seu sitio web.

Ao facilitáresnos a túa información persoal e usares o noso sitio web, entendemos que liches, comprendiches e aceptaches os termos relacionados coa información de protección de datos de carácter persoal que se expoñen. Neste sentido, O Antídoto Interiorismo S.L. asume a responsabilidade de cumprir coa lexislación vixente en materia de protección de datos, tanto española como europea, co obxectivo de tratar os teus datos de maneira lícita, leal e transparente.

Recolla, finalidade e tratamento dos datos

O Antídoto Interiorismo S.L. ten o deber de informar ás usuarias do seu sitio web da recolla de datos de carácter persoal mediante o envío de correos electrónicos ou ao cumprimentaren os formularios incluídos na web. Neste sentido, O Antídoto Interiorismo S.L. é responsábel dos datos recollidos por estes medios.

Estes datos son recollidos e tratados para poder atender ás solicitudes realizadas polas usuarias, a inclusión na axenda de contactos, prestación de servizos e, en xeral, a xestión da relación comercial, de acordo coas finalidades lícitas contempladas na lexislación. O tratamento destes datos pode incluir operacións, xestións e procedementos técnicos automatizados ou manuais con eses únicos obxectivos. Non vendemos os teus datos a terceiras partes nin comerciamos con eles nin os transferimos de ningún xeito, salvo no caso de cesións amparadas por unha obrigación legal.

Información que recabamos das visitas á nosa web

Na nosa web recabamos e almacenamos información persoal limitada, a través dos formularios, e estatísticas globais anónimas de todas as persoas que nos visitan. A información que compilamos inclúe o enderezo IP do teu dispositivo, o programa de navegación de usas, o teu sistema operativo, a data e hora de acceso, a vía pola que chegaches a nós e tamén información de como usas a nosa web unha vez dentro. Esta información usámola para mellorar o deseño e garantir unha navegación o máis cómoda posíbel, por exemplo, averiguando o tempo de carga da nosa web en diferentes dispositivos e navegadores. Tamén o usamos para saber que seccións son máis visitadas e a información que máis interesa a quen nos visita. Por último, axúdanos a verificar que a web funciona correctamente ou, se detectamos erros, sérvenos de guía para solucionalos e mellorar o seu rendemento e a túa experiencia connosco. Esta información é recollida a através de cookies, das que falamos máis abaixo.

Redes Sociais

Outra forma que usamos para estar presentes na internet son as redes sociais. O Antídoto Interiorismo S.L. temos presenza en varias delas. A información que compilamos a través desas redes sociais inclúe, ás veces, datos persoais que se encontran disponíbeis en liña e de acceso público. Sempre nos aseguramos de que a información que usamos está atribuída á súa fonte, de forma correcta, ou é anónima. Con todo, estas redes sociais teñen as súas propias políticas de privacidade, nas que se explica cómo distribúen a información das súas usuarias, e sobre as que O Antídoto Interiorismo S.L. non temos ningunha responsabilidade. Recomendámosche visitares e revisares de vagar as políticas de privacidade destas redes antes de partillares os teus datos a través delas.

Dereitos das usuarias

Na medida en que os datos das usuarias son obxecto de tratamento por parte de O Antídoto Interiorismo S.L., poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelamento e oposición que se recollen na normativa legal vixente en materia de protección de datos persoais. Para faceres exercicio de calquera destes dereitos, só tes que dirixirte por escrito a nós, quer através de e-mail ou do noso formulario de contacto, quer por correo postal, ao seguinte enderezo físico:

    Rúa Galeras 13, baixo 5. 15705 Santiago de Compostela.

Deberás indicar nome e apelidos da usuaria, domicilio, documentación que acredite a túa identidade (DNI ou pasaporte) e o dereito que desexas exercer. O exercicio destes dereitos debes facelo en persoa, ou podes designar un representante legal, en cuxo caso terá que acreditar que te representa.

Retención da túa información persoal

Só almacenamos a túa información mentres exista unha relación comercial ou contractual contigo, ou mentres non exerzas calquera dos teus dereitos de supresión, cancelamento ou limitación do tratamento dos teus datos. En ambos casos, esa información fica bloqueada e sen que se lle poida dar uso, mentres poida ser necesaria para o exercicio ou defensa de reclamacións, ou sexa necesaria para calquera responsabilidade legal.

Cookies usadas nesta web

En cumprimento co artigo 22.2 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, informámoste de da nosa política de recollida e tratamento de datos a través de cookies. 

Que son as cookies?

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ou dispositivo móbil cando accedes á maioría de páxinas web, como esta. Permiten a esas webs almacenar e recuperar información sobre hábitos de navegación das usuarias, entre outras cousas. Dependendo das páxinas web e do tipo de cookies empregadas, poden servir para recoñecer a persoa usuaria, por exemplo en servizos onde dispós de conta de usuaria. Nesta web non usamos este tipo de cookies, pero si estas outras: 

  • Cookies de análise: aquelas, tratadas por nós ou por terceiras partes, que nos permiten cuantificar o número de usuarias que nos visitan e realizar a medición e análise estatística do uso que se fai da nosa web. A finalidade é mellorarmos a nosa oferta de servizos.
  • Cookies técnicas: aquelas que permiten á usuaria unha navegación por áreas restrinxidas da web ou a utilización de diferentes funcionalidades, como por exemplo, o levar a cabo un proceso de contacto a través do formulario correspondente. Estas cookies tamén nos permiten adaptar a navegación das usuarias en función de se acceden a partir dun computador ou dun dispositivo móbil, para asegurar a correcta presentación da páxina web
  • Cookies publicitarias: Non empregamos cookies publicitarias propias ou de terceiros. 

Desactivación de cookies

Cada usuaria pode permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu computador ou dispositivo móbil. A maioría de navegadores permite optar por diversas posibilidades: permitir, bloquear ou eliminar cookies. A continuación, mostrámosche a maneira de accederes á configuración dos navegadores máis comúns para que poidas escoller a opción que prefiras: 

Configurar cookies en Google Chrome

Configurar cookies en Microsoft Edge

Configurar cookies en Mozilla Firefox 

Configurar cookies en Safari (Apple) 

Cookies de terceiros 

Este sitio usa cookies de terceiras partes, en particular de Google Analytics, para monitorar o uso do noso sitio web por parte das usuarias. Tamén se inclúen funcionalidades proporcionadas por redes sociais, que permiten partillar contido do Antídoto facilmente en Facebook, Instagram, Twitter, Pinterest, etc. 

Aviso sobre a eliminación de cookies

Podes eliminar ou bloquear todas as cookies deste sitio, pero isto pode ocasionar perdas de funcionalidade do mesmo, ou unha visualización da páxina de menor calidade. Se tiveres calquera dúbida sobre a nosa política de cookies, podes dirixirte a nós por calquera dos medios de contacto que temos ao teu dispor neste sitio web.