O proxecto que pensamos para este apartamento rexiuse pola idea de que abrir os espazos estreitos e escuros para gañar habitabilidade.
Todo o apartamento foi reformado de xeito que o espazo se puidese ler dunha soa ollada. De pequenas e múltiples habitacións fixemos espazos maiores, luminosos, coloristas e funcionais.
Isto conseguiuse reducindo os habitáculos e prescindindo do corredor, até ficar cun sistema de cociña e sala de estar e dúas habitacións que saen directamente a esta, sen intermediarios, facilitando a mobilidade no interior e o paso de luz.