Ao facer o proxecto da reforma deste apartamento cun orzamento moi limitado pensouse sobre todo en adaptalo ás necesidades da persoa que ía facer uso del. Eliminouse, así, algún tabique e elementos antigos, mantivéronse outros como os móbeis e electrodomésticos baixo a encimeira da cociña, e intervíronse outros como as portas e o pavimento.
O espazo consta de 45m2 distribuídos en zona de estar con cociña integrada, dormitorio, estudo e baño.
Para dar a sensación de amplitude e para integrar os espazos utilizouse como cor dominante o branco, permitindo destacar o gris e o fucsia que conforman a composición e fan a estancia máis luminosa.
Elimináronse móbeis prescindíbeis para que o espazo ficara máis despexado e deseñáronse elementos como o moble suspendido da cociña que se pintou da mesma cor que a porta corredoira da entrada.
Tamém se utilizou algún clásico do mobiliario de deseño como a estanteria Metro, a cadeira de Eames fabricada por Vitra e a Lampada Tolomeo de Artemide.