Neste deseño o obxectivo era pór en valor unha carnicería de alta calidade para persoas que se preocupan do que compran e de onde o compran.
O espazo, de 36 m2, dispúxose en dúas zonas: unha dedicada á atención ao público, escaparate e zona de obradoiro; e outra dedicada ás cámaras frío, preservada visualmente.
Na zona principal de atención ao público, colocáronse todo-los elementos necesarios para propiciar a venda: cámara expositora, estanterías de producto gourmet, mobles para carne e unha pequena zona para o bacallau conforman esta zona.
Os materiais empregados están pensados pola súa funcionalidade e para resaltar a cor da carne, azulezos brancos, chan de pedra natural e o negro dos teitos. Tamén utilizamos a madeira en algúns elementos para darlle un toque rústico e natural.
Na marca gráfica tamén quixemos poñer o acento nun nome que ten unha traxectoria de máis de 50 anos, presentando un logótipo contundente, sen elementos superfluos.
Un espazo atemporal, que se caracteriza pola sinxeleza e centra a súa atención no producto.