Eliminamos os corredores e espazos mortos e deseñamos unha distribución onde a sensación de espazo continuo se mantivera en toda a vivenda. Un elemento clave na distribución da planta baixa é o módulo central, onde situamos o banho, que serve tamén para articular o espazo e impide que un espazo tan aberto resulte frío e demasiado exposto.
As estancias de día, cociña e sala situáronse na fachada cara ao mar, para tirar proveito da espectacular paisaxe. Deste modo, malia que os ocos das xanelas non son moi grandes, resultan perfectos para enmarcar as fermosas vistas, metendo o mar dentro da casa. Para reforzar aínda esta idea deseñamos varios elementos e mobiliario de inspiración mariñeira. A lámpada de Arturo Álvarez e o pasamáns de malla metálica que evoca unha alga pendurada nunha rede funciona nesa dirección, como o fan o masaico do baño, as contras, os mobles da cociña, etc.
O resultado é un espazo lixeiro, un ambiente relaxado e harmónico onde sentirse libres para moverse e percorrelo. Un espazo onde xuntarse, pero tamén onde retirarse a un recuncho tranquilo cando o necesitamos.
Con todo isto o melhor desta casa son as clientas abertas, sinceiras e atrevidas, xuntas conseguimos unha vivenda que permite que a vida se desplegue nun atractivo contorno onde poder xuntarse pero tamén retirarse a recunchos tranquilos se así o desexamos.