Con un orzamento moi limitado, optamos por dar toda a importancia á restauración. A idea era dar a todos os elementos unha segunda oportunidade ás cadeiras, as mesas aos tallos ou ao moble de recepción.
Rebaixamos tamén o ton das paredes, empregando un branco capaz de alixeirar visualmente o ambiente, xa que os teitos non son moi altos.
E, finalmente, reformulouse a zona de exposición e venta de productos — moitos deles de fabricación propia — coa idea central de que funcionase, ao mesmo tempo, como autoservizo para o almorzo e como elemento separador da zona de paso.
O resultado foi un espazo que se percibe de maneira completamente diferente, máis harmoniosa e serena e, sobre todo, con máis personalidade, sen un grande investimento.