Propuxemos unha distribución en que, detrás da fachada orixinal, con dúas portas de entrada, unha ampla área de exposición convidase a moverse libremente ao mesmo tempo que contase con espazos máis recollidos e íntimos. Temos que destacar o protagonismo da estructura metálica lacada en verde que percorre toda a tenda e fai de colgadoiros ou de estantes expositores, e que permite crear un ritmo que se repite en todo o local e unifica o ambiente.
A zona de servizos situose ao fondo da tenda, os probadores tamén son un espazo de experiencias, onde poden entrar un grupo de persoas que saen a mercar xuntas.
Algunhas paredes manteñen as marcas de outras reformas que alí aconteceron, utilizamos mobiliario que orixinalmente tiñan un uso como un carriño de cargar como colgador e asento para probar calzado.
De espírito vibrante e estilo informal Fábrika Fan é unha tenda de roupa, música, libros, cosmética, e máis. Con personalidade e identidade de sobra.