Partimos dun esquema distributivo elemental de corredor central e habitacións aos lados, co oco da escaleira como condicionante para desenvolver o proxecto. A zona estar de día e a cociña situámola na parte traseira da casa para crear unha relación directa co patio e estender así a súa espacialidade.
O interiorismo fíxose de acordo coa tipoloxía da casa, con materiais sinxelos pero de calidade, mantendo elementos como as portas orixinais, agora restauradas, e utilizando a cor branca como base sobre a que engadir algún tono vivo de contraste.
O resultado é un espazo acolledor, cómodo e habitábel que parece máis grande do que realmente é.