Neste proxecto optamos por unha redistribución e un novo amoblamento co obxectivo estratéxico de que o resultado envellecera ben. A cociña mantívose onde estaba pero prescindimos de varios tabiques para ampliar algunas zonas, como sala de estar e os baños, e para facilitar así o percorrido da luz natural.
Ademais, como en todos os nosos proxectos, procuramos un equilibrio entre materiais novos e tradicionais, neste caso coa madeira como un dos fios conductores do proxecto. Apostamos por manter a faia que xa tiña a vivenda como pavimento e deseñamos algúns dos mobles como o da sala e do baño en piñeiro galego. Tamén na cociña, o deseño da carpintería mira ao pasado, pero con unha estética depurada. E, por último, restauramos as contras e a galería orixinais.
O resultado é un ambiente contemporáneo e acolhedor para vivir nesta maravillosa rúa compostelá.