Para unha fábrica de licores, optamos por unha aproximación finalista, que tivese en conta o obxectivo último do seu produto: ser consumido en compañía, socializando nun bar ou nunha cafetería calquera.
A partir desa idea, dispúxose o espazo para que a xente degustase os seus productos como se dun bar se tratase, reforzando a idea-forza da marca en cuestión: Fabulosa – Vermutería Tradicional. Unha barra con tallos animaba o público do Fórum Gastronómico a parar, facer un descanso en medio da feira e coñecer a marca de maneira pausada e sen presas.