Imaxe da cociña da casa onde se poden ver os armarios brancos e as vigas de madeira.

Vivenda na rúa do Vilar

Este é o primeiro piso dun edificio situado na rúa do Vilar; o segundo andar xa o deseñaramos e reformaramos con éxito dende o estudio.

Detalle da sala de ioga co soporte de madeira para colchonetas e a división do corredor de madeira clara.

Centro de Ioga

A clienta contaba cun local diáfano no Cruceiro da Coruña e quería adaptalo para crear un centro de ioga e un pequeno ximnasio.

Casa Pombal

Cando recibimos o encargo desta vivenda, había dúas premisas esenciais. Por unha parte, transformar o que fora un espazo de oficinas diáfano nunha vivenda para unha familia de cinco membros. Por outra, atopar un equilibrio entre a arquitectura tradicional e as formas contemporáneas.

A Biblioteca Cafetería

O cliente, un profesional con ampla experiencia, un barista excepcional, encargounos transformar un local que xa funcionaba como bar, situado ao carón do campus universitario e dunha das rúas máis concorridas de Compostela.

Piso na rúa do Vilar

Con esta reforma respondemos ao pedido dunha xove parella que non quere renunciar a vivir nunha das rúas máis bonitas do mundo, por moito que cada vez sexa máis difícil vivir nesta zona de Compostela.

Moble Cociña

Ás veces, os traballos de interiorismo céntranse en obxectos concretos dentro dunha estancia, deseñando, por exemplo, mobiliario para fins específicos.

Detalle do cabeceiro feito a medida que inclúe iluminación indirecta para favorecer a relaxación.

Dormitorio Ponte Ulla

O obxectivo desta intervención era deseñar un dormitorio para unha magnífica casa situada en plena natureza e conectada coa paisaxe que participa nos espazos interiores a través das grandes xanelas.

Contacto rápido

Envíanos a túa consulta e porémonos en contacto contigo o antes posible.