Casiña na Carballeira

En Santiago moi perto da carballeira da San Lourenzo, atópanse amoreadas un grupo de casiñas de construcción e materiais moi humildes, a nosa casiña está situada ahí, con 60m2 de planta e un só andar,  partimos dun esquema distributivo elemental de corredor central e habitacións aos lados, o oco da escaleira foi o condicionante para desenvolver o proxecto, a zona estar de día e cociña situámola na parte traseira da casa para poder gozar do patio.

O interiorismo fíxose de acorde coa tipoloxía da casa con materiais sinxelos pero de calidade, mantivemos elementos como as portas orixinais restauradas, e utilizamos a cor branca como base do proxecto engadindo algún tono vivo. O resultado é un espazo acolledor, cómodo e habitábel que parece máis grande do que realmente é.

  • proxecto vivenda 60 m2, ano 2012
  • localización Compostela
  • deseño Antonia Maio